Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a primeiros do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido.

O seu traballo inspírase no legado cultural da nosa terra. As súas composicións son en galego e inglés tratando o transfondo político social do seu entorno e querendo dar a coñecer a loita polo bosque autóctono. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san no medio.

A voz e a guitarra de Zeltia e o bodhran de Migui Carballido consiguen adentrarnos nunha viaxe onde o folk-rock e o blues se mesturan con outros momentos máis acústicos e tribais.

En verbas da propia cantante e compositora galega: “Eu espero que só me deixedes entrar ao Bosque con vós, con esta música danzaremos e lembraremos o tempo da vida, os soños que aínda nos guían.” 

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados