Fusión de ritmos arxentinos e latinoamericanos con músicas de raíces africanas festivas. A cantante e percusionista arxentina Vivi Pozzebón ten unha forma única de mesturar a música de raíz arxentina, latinoamericana, africana e caribeña, creando unha atmosfera de ritual e celebración cargada de sonoridades tradicionais, ritmos urbanos, coiro de tambores e o power do feminismo suramericano.

Cantante, Percusionista e Compositora Arxentina, Vivi Pozzebón leva adiante un proxecto poderoso, no que fai unha relectura sonora do mundo latinoamericano. Une sons que van do altiplano á selva, do deserto á cidade, dunha beira á outra do Río da Prata, conecta ritmos que resultan en exóticas mixturas.

Ten oito discos editados, tres deles en solitario.

 

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados