THROES + THE SHINE (Portugal / Angola)

É rock? É kuduro? Non, é Rockuduro! Unha colisión ultrarrápida perpetrada por unha conspiración creada nalgún lugar entre Angola e Portugal. Os conspirados son o cerebro do rock/electrónica (guitarra/teclados) Marco Castro e o percusionista do Porto Igor Domingues (a partir de agora coñecidos como Throes) e os explosivos vocalistas Diron e Mob Dedaldino desde Luanda (coñecidos como The Shine).

Desde que se xuntaron en 2011 sacaron ao mercado tres traballos e racharon audiencias en Europa incluíndo memorables actuacións en festivais como Roskilde, Lowlands ou Rock En Seine. O seu novo album inclúe colaboracións do rapeiro Pierre Kwenders, La Yegros, Da Chick ou Meridian Brothers. Wanga significa ‘feitizo’ no dialecto angolano de Kimbundo.

SÁBADO 13 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: AUDITORIO, 00:00