Proxecto ATH-THURDÂ – Kepa Junquera (Euskadi) + Uxía (Galicia) + convidados (Portugal)

A clausura do festival terá lugar o domingo 14 de outubro, cun espectáculo moi especial no que participarán varios artistas citados e un proxecto moi especial chegado desde Évora (Portugal). Cantares de Évora, Kepa Junkera e Uxía presentan: ATH-THURDÂ con Mara, Beatriz Nunes, Celina da Piedade, António Bexiga, Mário Lopes e Carlos Menezes. Ademais, uniranse outros músicos convidados, como a propia Uxía, Chico César, Selma Uamusse e Tanxugueiras. 

Coa participación de Paulo Borges no piano e Raquel Domínguez na gaita.

DOMINGO 14 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: AUDITORIO, 20:00