OS MENINOS (Galicia)

Trio galego que se forma na cidade de Vigo en 2016. A formación está integrada pola cantora Magdalena Gamallo e os guitarristas Roberto Marqués e Iván Barreiro. A súa proposta musical é un claro ollar ao país veciño, Portugal. É o idioma e a riqueza musical que ofrece este país a base a respecto da cal desenvolven toda a súa creatividade e sensibilidade.

Tradición e modernidade, o fado e o jazz, o flamenco, o tango ou o reggae, danse a man para colorear creacións propias e cancións da música portuguesa máis actual.

SÁBADO 13 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: ESCENARIO BAIXAMARÉ, 20:00