MERCEDES PEÓN (Galicia)

Mercedes Peón volve ás estradas galegas para presentar o seu quinto disco, ‘Deixaas’, que chega oito anos despois do anterior e logo de que a artista percorrese escenarios de todo o mundo cos seus sons tan ancestrais coma vangardistas. Varios continentes xa coñecen a potencia do seu directo, que nesta ocasión se amplía coa presenza en escena (e no disco) doutras dúas mulleres de alto voltaxe: Mónica de Nut e Ana Fernández.

SÁBADO 13 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: AUDITORIO, 22:30