MÁRIO LUCIO (Cabo Verde) e JULIO PEREIRA (Portugal)

Músico, cantante, poeta, avogado, Mário Lúcio é director de varias fundacións culturais e tamén ex ministro de Cultura de Cabo Verde. Premio Womex 2014, ten gravado con grandes da música de todo o mundo como Cesária Évora, Pablo Milanés, Gilberto Gil, Harry Belafonte ou Toumani Diabate.


O portugués Júlio Pereira (compositor, multiinstrumentista e produtor) é unha das máis destacadas figuras da música tradicional portuguesa, destacando na posta en valor do cavaquinho e da viola braguesa. Ten colaborado con músicos de todo o mundo, desde The Chieftains, Pete Seeger ou Chico Buarque.

VENRES 12 DE OUTUBRO

TEATRO PRINCIPAL, 12:30