Maria João é unha cantora de jazz portuguesa. Ela é coñecida pola súa flexibilidade vogal e a súa capacidade de improvisación. Aínda que sexa normalmente asociada ao jazz a sua música incorpora unha mestura de folk/étnico, jazz moderno, música brasileira, avant-garde, electronica, sinfónico e outros estilos.

Maria João Monteiro Grancha (Lisboa, 1956), filha de pai portugués e nai mozambicana, é a gran dama da acrobacia vogal. Ela canta os máis diferentes xéneros e envólveos co seu particular estilo de interpretación. Presenta as súas cancións como mini dramas cheos de gracia e paixón explosiva, acompañada por unha linguaxe corporal dramática, incorporando tamén pasos de danza.

Durante máis de 25 anos traballou regularmente co pianista Mario Laginha, con quen lanzou ducias de discos e ofreceu centos de concertos por todo o mundo. Ten colaborado con grandes da música mundial como Gilberto Gil, Aki Takase ou Niels Henning.

No Cantos na Maré estará acompañada polo pianista arxentino-brasileiro Pablo Lapidusas, que conta cunha sólida carreira en solitario, con varios discos publicados.

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados