Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco, con Uxía Senlle (Ed. Galaxia 2014) e Gatuxo (Ed. Fol música 2015).

Despois do éxito acadado co espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia, Magín chega agora con unha nova creación, O camiño dos paxaros, un espectáculo músico teatral que resulta do seu novo libro-disco Camiños (Ed. Fol música, 2017).

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados