Livia Mattos é unha acordeonista brasileira que nos traerá a música de Baía, das festas populares, acompañada de lirismo. Compositora e cantora, ten cantado con figuras da música brasileira como Jurandir Santana, Capinam ou Chico César, a quen acompaña nas súas xiras. Comezou no circo, onde colleu interese pola música e polo acordeón. Iniciou a súa carreira en solitario en 2008 e empezou a ofrecer concertos por todo Brasil. Nos últimos tres anos realizou xiras europeas, presentando a súa música en Francia, Alemaña, Rusia, Estonia, Irlanda, Reino Unido, etc.

A súa música mestura a música popular brasileira con influencias cosmopolitas, como o baile caribeño, a música nordestina e outras músicas rexionais do brasil.

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados