Laura LaMontagne (Lugo, 1993) é unha cantante, poetisa e amateur do audiovisual. Descubriu no acto de recitar un lugar idóneo para a expresión artística e durante o ano 2018 comezou o seu proxecto en solitario no que mestura audiovisual, poesía e música; concertos con título propio: “La Elegía de la Huerta”. Acompaña este proxecto un poemario autoeditado co mesmo título ademais dunha proxección que se guía polo que se canta e se conta.

O seu último proxecto é unha fonte de experimentación de pouso urbán para o cal, desde maio de 2019, encontrou no universo hip hop do produtor PicoAmperio o seu aliado ideal para armar pontes a latitudes musicáis que conforman un laberinto de sensacións baixo a consigna de “Elixe a túa propia aventura”.

Neste novo proxecto, abordao campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo de Martin Codax, adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa e composicións propias con toda a raiba e desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida. Mesturando idiomas, tradición e sons electrónicos.

Unha experimentación a latitudes musicáis que conforman un laberinto de sensacións baixo a consigna de «Elixe a túa propia aventura».

 

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados