GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO (Galicia) ft. ALEJANDRO VARGAS (Cuba)

GARCÍA MC é un referente do rap en Galicia, con alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural. Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte de Dios Ke Te Crew e a Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso).

O García presentará o seu último espectáculo con Nación Quilombo e unha presenza moi especial no escenario: o pianista cubano Alejandro Vargas.

VENRES 12 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: AUDITORIO, 23:00