É unha agrupación de amadores-as do canto coral dirixidos polo bretón Pierrot Rougier e a compositora Ugia Pedreira. Entre 25-30 persoas danse cita todos os venres desde hai casi tres anos na Escola Vella de Rinlo para ensaiar cancións de calquera estilo e xénero arranxadas especialmente para catro cordas de voces por Rougier.

As persoas integrantes moran en diferentes lugares da Comarca Mariñana e Astur-Galega, Vegadeo, Cervo, Foz, Barreiros, Obe, Ribadeo, Rinlo e mesmo Lugo cidade, e é interxeracional, desde 40 anos ao 80 e sen coñecementos nin experiencia musical.

O Coro da Mariña aposta pola integración e inclusión do canto como elemento favorecedor da saude individual e comunitaria. É así que grazas á sua construcción provocouse o efecto natural de cantar polas tabernas de Rinlo cando cadra e presta. De aí unha serie de persoas comezaron a ir aos Cantos de Taberna oficialmente organizados, co nome de Os Claretes. Da presenza do Coro na Escola Indiana tamén saiu a oportunidade dun conxunto de mulleres que tocan a percusión e recompoñen temas tradicionais dirixidas por Ugia. O Coro da Mariña converteuse nun fervedoiro que expande ganas e interese pola música popular e une a xente dunha beira a outra do río Eo a través da música.

O repertorio do Coro vai desde cancións populares galegas a outras de autor. Entre elas, CHALANEIRO, canción moi coñecida e versionada en Galicia, Asturies e Cantabria, SUEÑO CON SERPIENTES de Silvio Rodriguez, LOVE BOAT a banda sonora daquela mítica série televisiva dos anos 70 «Vacaciones en el mar», LLÉVAME HASTA EL MAR en homenaxe a Manolo Tena, ALFONSINA Y EL MAR, MEU AMOR É MARIÑEIRO, popularizada por Fuxan os Ventos, “A por el Mar” de Aute…

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados