CAPICUA ft. WÖYZA ft. EVA RAP DIVA (Portugal / Galicia / Angola)

Capicua é Ana Matos Fernandes, a principal voz do hiphop portugués. Con letras emotivas e politicamente comprometida e implicada en distintas causas sociais, ten colaborado con Kanye West.

Wöyza é a referencia galega no hiphop. Viguesa de raíces uruguaias, xoga co rap e co soul, e ten colaborado con diferentes artistas, desde El Puto Coke ata Cristina Pato, pasando por Minda Gap (Portugal) ou Jorge Céspedes.

Eva RapDiva, iniciada na rima combativa, construíu o seu espazo no rap portugués desde a improvisación. Nos últimos anos conseguiu boa parte dos premios do hiphop do país veciño.

VENRES 12 DE OUTUBRO

PAZO DA CULTURA: AUDITORIO, 21:30