O grupo Brazil Dub é orixinario da Cidade de Vila Vella no estado do Espírito Santo, Brasil. Naceron hai pouco máis dun ano e son xa considerados pola crítica como a nova promesa da escena reggae.

A pesar da súa aínda breve existencia, a banda brasileira conta xa cun álbum editado e dous videoclipes lanzados nas redes sociais e nas principais plataformas de streaming. Contando xa con algunhas ducias de shows no Brasil e na Europa en cidades como Barcelona, Lyon e Lisboa, o grupo escolleu Portugal como a súa nova base e promete axitar a Europa coas súas sonoridades innovadoras influenciadas maioritariamente polo Reggae e polo Dub.

Neste momento está a ser editada a 2ª parte do Álbum que será lanzada antes do verão 2019 e que promete fortalecer o seu repertorio e reforzar súa presenza nos principais escenarios da Europa.

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados