As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1928) por parte de María Vidal, PIchi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño. Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e cantábaas dun xeito irrepetible. Logo dunha sobremesa da cea de noiteboa do 2016, Pipo, María, PIchi e Miryam González acordaron que as melodías non podía permanecer máis tempo no esquecemento. Así nace o proxecto.

O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena.

Tamén participa o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios, o tres veces gañador dos Latin Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño.

© Cantos na Maré 2019 | Todos os dereitos reservados